Stellantis continua líder do mercado de vehículos comerciais, co 34,3 % de cota
Stellantis continua líder do mercado de vehículos comerciais, co 34,3 % de cota
En electrificación, Stellantis tamén é líder xa que a maioría dos vehículos comerciais 100 % eléctricos
Stellantis continua encabezando o mercado español de vehículos comerciais con 29.261 matriculacións nos sete primeiros meses do ano e unha cota de mercado do 34,3 %, comunicou este luns a compañía.
En electrificación, Stellantis tamén é líder xa que a maioría dos vehículos comerciais 100 % eléctricos que se venden en España pertencen a unha das súas marcas, que suman 2.993 matriculacións no acumulado do ano e unha cota do 53,5 %.
As alternativas 100 % eléctricas danse na maior parte da gama de modelos das súas marcas Peugeot, Citroën, Opel e Fiat.
No Centro de Vigo de Stellantis prodúcense modelos como o Citroën Berlingo, os Peugeot Partner e Rifter, o Opel Combo e o Fiat Dobro, coas súas correspondentes versións eléctricas.