Cargando resultados...
Stellantis Vigo prepara outro ERTE para 2023 por falta de microchips
Stellantis Vigo prepara outro ERTE para 2023 por falta de microchips
En xaneiro comezarán as negociacións para a nova regulación, extensible a todo o cadro de persoal, 7.500 traballadores
As previsións do grupo din que seguirá habendo desabastecemento o ano que vén
G24.gal
30/11/2022 12:33
Stellantis Vigo prepara un terceiro ERTE consecutivo para todo 2023 pola falta de microchips. Segundo fontes sindicais, os fabricantes de coches traballan coa previsión de que a crise dos semicondutores se estenderá tamén o ano que vén.
Así que a planta viguesa porá en marcha outro expediente de regulación temporal de emprego preventivo para cubrir as eventuais paradas de produción. En xaneiro comezarán as negociacións para a nova regulación, extensible a todo o cadro de persoal, 7.500 traballadores.