Cargando resultados...
Stellantis Vigo recibirá 6,7 millóns para montar un taller de baterías para coches eléctricos
Stellantis Vigo recibirá 6,7 millóns para montar un taller de baterías para coches eléctricos
A planta viguesa é unha das beneficiadas polo novo PERTE do Goberno, dotado con 87 millóns de euros
G24.gal
11/10/2023 20:05
Última actualización 11/10/2023 20:59
A planta de Stellantis de Vigo vai recibir 6,7 millóns de euros en axudas para poñer en marcha un taller de baterías para coches eléctricos.
É unha das beneficiadas polos novos PERTE que acaba de anunciar o Goberno, dotados en total con 87 millóns de euros.
Con eles financiaranse sete proxectos, catro deles de Stellantis, que é a empresa que máis fondos consegue.