Subirats recibe a carteira de Universidades do exministro Castells
Subirats recibe a carteira de Universidades do exministro Castells
Joan Subirats promete o cargo como novo ministro de Universidades
O acto celebrouse ás 17:00 no salón de actos do Ministerio de Universidades
Subirats promete impulsar unha gran reforma universitaria
O titular de Universidades, Manuel Castells, traspasa a súa carteira este luns ao seu sucesor, o catedrático Joan Subirats, que tamén hoxe xura o seu cargo ante o rei Felipe VI no Palacio da Zarzuela.
Castells, de 79 anos, comunicou hai uns días ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e á vicepresidenta Yolanda Díaz a súa renuncia por motivos de saúde e o venres asistiu ao seu último Consello de Ministros. Subirats, de 70 anos, comparte con Castells xeración e traxectoria como profesor en universidades estranxeiras.
O novo ministro, que pasou pola cátedra Príncipe de Asturias na Universidade de Georgetown (EUA), foi profesor visitante en universidades como Roma-A Sapienza, University of California- Berkeley, New York University ou a UNAM en México, entre outras.
As materias sobre as que máis publicou son a participación cidadá e a desigualdade, así como a cultura e a educación como ferramentas de cohesión social.
Pero a pesar dos paralelismos no currículo, o novo ministro ten un "talante" distinto ao de Castells, sinalan fontes do consistorio barcelonés, que apuntan que Subirats é "un home tranquilo e dialogante, pero máis de acción".
Subirats promete impulsar unha gran reforma universitaria
O traspaso de carteiras tivo lugar ás 17.00 horas no salón de actos do Ministerio de Universidades, e cun discurso do novo ministro centrado no cambio de época que nos toca vivir e no papel relevante nda universidade.
Explicou que esta institución non pode quedar á marxe deste gran cambio de época que estamos atravesando e que require afrontar situacións dunha gran complexidade como puxo a proba a pandemia.
Una situación que xera 'medo e incerteza', que provoca grandes desigualdades e inxustizas sociais nun marco de emerxencia climática e nun entorno de avance tecnolóxico.
De aí a importancia de reforzar a protección social co papel dunha universidade adaptada aos tempos que logre dar resposta a estas inquedanzas.