Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar dá por pechada a polémica con Podemos sobre o veto a Irene Montero

Sumar dá por pechada a polémica con Podemos sobre o veto a Irene Montero

Yolanda Díaz presentou as grandes liñas tributarias da súa formación, aposta por facer permanente o tributo ás grandes fortunas e subir os impostos ás grandes empresas

Carlos Martín Urriza, xefe económico de CCOO será o número seis na lista de Sumar por Madrid

G24.gal 14/06/2023 14:13

Podemos agarda un cambio de postura en Sumar e que finalmente Irene Montero poida atopar acomodo nas listas. Hai de prazo ata o vindeiro luns. En cambio, na formacion de Yolanda Díaz dan por rematado o asunto e comezan a falar de propostas.

Na polémica entre Podemos e Sumar meteu baza Margarita Robles. Compañeira de Goberno de Díaz e de Montero, non acaba de entender a situación.

Podemos ten convocado o Consello Cidadán Estatal para o vindeiro sábado. Ata daquela vai manter a presión para colocar a Irene Montero nalgunha lista de Sumar. Mentres, os máis próximos a Yolanda Díaz prefiren pasar páxina. 

E a iso anda xa a lider de Sumar, que presentou as grandes liñas tributarias da súa formación, aposta por facer permanente o tributo ás grandes fortunas e subir os impostos ás grandes empresas.

Carlos Martín Urriza, xefe económico de CCOO, será o número seis na lista de Sumar por Madrid e referente en economía da formación liderada por Yolanda Díaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade