Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar Galicia comprométese a realizar melloras en sanidade para ofrecer calidade no trato aos pacientes

Sumar Galicia comprométese a realizar melloras en sanidade para ofrecer calidade no trato aos pacientes

Defendeu máis apoio e recursos para a posta en valor do patrimonio cultural galego

G24.gal 28/01/2024 16:49 Última actualización 28/01/2024 17:56

A candidata de Sumar á Xunta de Galicia visitou o Museo do Entroido en Xinzo. Alí defendeu máis apoio e recursos para posta en valor do patrimonio cultural galego.

Marta Lois fíxose eco ademais das mobilizacións na comarca pola situación sanitaria e comprometeu melloras, entre as que falou dun "Incremento dos orzamentos nun 25 %, dun compromiso político por garantir que calquera atención pediátrica non pode pasar un prazo máximo de 48 horas". 

En referencia a outras manifestacións que tiveron lugar en Xinzo de Limia pedindo unha sanidade pública digna, a candidata á presidencia da Xunta de Sumar comprometeuse a ofrecer unha atención sanitaria de calidade, en especial "se é de urxencias, que non pode pasar de 24 horas. Comprometémonos a facer iso".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade