Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP proponlle a Sumar unha reunión o martes encabezada por Carlos Rojas

O PP proponlle a Sumar unha reunión o martes encabezada por Carlos Rojas

Gamarra ofreceu varias datas para verse a semana que vén co deputado do BNG, Néstor Rego

G24.gal 10/09/2023 15:11 Última actualización 10/09/2023 17:12

A portavoz parlamentaria do PP, Cuca Gamarra, remitiulle este domingo unha carta á portavoz do Grupo Parlamentario Sumar, Marta Lois, na que lle propón manter unha reunión este martes, 12 de setembro, no marco da rolda de contactos para a investidura de Alberto Núñez Feijóo.

Ao encontro asistirá o secretario xeral do Grupo Popular, Carlos Rojas García. Deste xeito, o PP responde á carta enviada pola líder de Sumar, Yolanda Díaz, na que rexeitaba reunirse con Feijóo, e delegaba na súa portavoz parlamentaria, Marta Lois, a representación do partido.

"Ten tempo para facer -en nome do Goberno de España- de mediadora cun prófugo da xustiza pero non para entrevistarse co candidato designado polo Rei para tentar formar Goberno", aseguran fontes do PP.

Reunión co BNG

Gamarra tamén ofreceu varias datas para verse a semana que vén co deputado do BNG, Néstor Rego.

"Na devandita reunión, no caso de que o parlamentario nacionalista queira e poida ter ese encontro, Gamarra afearalle o seu desprezo á súa Maxestade o Rei por non acudir á rolda de contactos de Filipe VI e lembraralle que non hai mellor forma de defender os intereses de Galicia que apoiar o candidato máis votado polos galegos", explica o PP.

Nese sentido, lembra que Feijóo obtivo 13 escanos en Galicia, fronte ao deputado único dos nacionalistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade