Sumar propón unha dirección de catro personas para substituír provisionalmente a Díaz
Sumar propón unha dirección de catro personas para substituír provisionalmente a Díaz
A substitución acóutase ás funcións organizativas porque Díaz mantén o liderado político, segue na executiva e continúa na presidencia do grupo
Sumar entra nun proceso de interinidade que durará varios meses. Ata outubro non se celebrará a asemblea que ha dilucidar os novos liderados na formación.
Ata daquela haberá unha dirección transitoria. A executiva propuxo a Lara Hernández, Elizabeth Duval, Txema Guijarro e Rosa Martínez para liderar o proxecto temporalmente. Todos forman parte xa do núcleo duro de Sumar e son afíns a Yolanda Díaz.
Ernest Urtasun, portavoz de Sumar, di: "Trátase de garantir que haxa unha estabilidade na organización e na coordinación do partido despois do anuncio de Yolanda Díaz. O noso obxectivo é ver como afrontar este proceso de reflexión despois dos resultados electorais".
A nova dirección será a encargada de encabezar o diálogo cos socios para refundar Sumar tras a dimisión de Yolanda Díaz. A vicepresidenta do Goberno insiste en que non marchará de Sumar e que a súa renuncia a lideralo non influirá no Goberno de coalición.