Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sunak anuncia a súa candidatura ao liderado conservador británico

Sunak anuncia a súa candidatura ao liderado conservador británico

Preséntase co obxectivo de superar a "profunda crise económica" que afronta o país e unir o partido 

O exministro británico de Economía Rishi Sunak
G24.gal 23/10/2022 12:36 Última actualización 23/10/2022 17:00

O exministro británico de Economía Rishi Sunak confirmou este domingo a súa candidatura ás primarias do Partido Conservador, formación no poder, para substituír a Liz Truss á fronte da formación e do Goberno do Reino Unido.

O partido iniciou un proceso interno para elixir o seu novo líder despois de que Truss anunciara o xoves a súa renuncia por mor das turbulencias que o seu programa económico, con recortes fiscais que despois se viu obrigada a reverter, provocou nos mercados.

Sunak deu a coñecer a súa candidatura na súa conta de Twitter, na que afirmou que o Reino Unido afronta unha "profunda crise económica" e que o seu obxectivo é superala e unir o Partido Conservador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade