Cargando resultados...
Sunak e Truss, finalistas na carreira por suceder a Johnson
Sunak e Truss, finalistas na carreira por suceder a Johnson
O exministro de Economía logrou o maior apoio dentro do grupo parlamentario
A titular de Exteriores, favorita entre os afiliados
Antón Montero
20/07/2022 20:12
Última actualización 20/07/2022 22:04
A sucesión de Boris Johnson á fronte do goberno británico xa é cousa de dous. O exministro de Economía Rishi Sunak e a actual titular de Exteriores Liz Truss son os dous finalistas nas primarias para facerse co liderado do partido conservador.
Sunak obtivo o maior número de apoios entre o grupo parlamentario, pero Truss é a favorita entre os afiliados, que son os que terán a última palabra. O nome do gañador desvelarase o 5 de setembro.