Publicador de contidos
Publicador de contidos

Superan a covid–19 os xubilados de Barbadás que se contaxiaron en Benidorm

Superan a covid–19 os xubilados de Barbadás que se contaxiaron en Benidorm

Superaron o virus sen síntomas e van facer un magosto o domingo para celebralo

G24.gal 11/11/2021 14:57

Recibiron a alta médica os dez xubilados ourensáns que contraeron a covid–19 nunha viaxe ao Levante.

O coronavirus conseguiu chegar a eles a pesar de que tomaron todas as precaucións na súa excursión a Benidorm o pasado outubro. Un cribado determinou que dos 45 veciños de Barbadás que subiron ao autobús, dez regresaron contaxiados.

Afortunadamente todos pasaron a infección sen síntomas nin complicacións e sen que se producise ningunha transmisión a amigos ou familiares.

Superado o trago, os integrantes da asociación de xubilados e pensionistas Fonval da Valenzá xa están listos para volver reunirse e gozar xuntos. A primeira cita será esta fin de semana para celebraren un magosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade