Cargando resultados...
Suspenden o lanzamento da misión lunar Artemis I por unha fuga de combustible
Suspenden o lanzamento da misión lunar Artemis I por unha fuga de combustible
Trátase do segundo aprazamento por razóns técnicas
G24.gal
03/09/2022 18:24
Última actualización 03/09/2022 21:27
O lanzamento dende Cabo Cañaveral (A Florida) da misión lunar non tripulada Artemis I, previsto para este sábado, foi cancelado debido á imposibilidade de deter a tempo unha fuga detectada no conduto para prover de combustible o foguete SLS.
Trátase do segundo aprazamento por razóns técnicas deste programa que marca o inicio da carreira para unha futura colonización do satélite terrestre.
"Os equipos atoparon unha fuga de hidróxeno líquido mentres cargaban o propulsor na etapa central do foguete Space Launch System (SLS)", explicou a NASA.
O luns pasado xa tiveron que cancelar un primeiro intento debido a un erro nun dos catro motores do foguete. Volverán intentalo o 5 de setembro.