Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un afamado cazameteoritos exhibe os seus tesouros na feira dos minerais de Vigo

Un afamado cazameteoritos exhibe os seus tesouros na feira dos minerais de Vigo

Un dos fragmentos que trouxo a Galicia ten 4.500 millóns de anos de antigüidade

Todos están datados e catalogados pola Universidade Politécnica de Cataluña

G24.gal 20/10/2024 21:25 Última actualización 20/10/2024 21:43

A feira exposición de minerais regresou a Vigo esta fin de semana despois de catro anos sen se celebrar, desde a pandemia. Entre todos os postos destacou, pola expectación que suscitou, un afamado cazameteoritos

Os fragmentos de corpos celestes que trouxo a esta feira de minerais José Vicente Casado están datados e catalogados pola Universidade Politécnica de Cataluña. Un dos que exhibe en Vigo ten 4.500 millóns de anos de antigüidade.

"Como o do carbono 14, pero con outros medios que nos permiten coñecer idades moi superiores. E esa idade é na que o sol comezou a lucir, os planetas acabaron de conformarse... o interese real dos meteoritos é  que nos contan cousas interesantes: como se formou o noso sistema solar, cono se formaron outros planetas, se é posible que caia algún meteorito ou non, incluso, o máis interesante como puido chegar a vida á Terra, e se hai vida por aí, dando voltas polo espazo exterior. E ter nas túas mans unha rocha desa parte tan afastada, e moi emocionante", explica a TVG José Vicente Casado, cazameteoritos profesional. 

O seu é un dos catorce postos da feira e, sen dúbida, no que máis pararon os asistentes. Porque os meteoritos, difíciles de atopar e recoñecer e sen gran valor económico, son un xeito de tocar, dalgunha maneira, o espazo exterior.

Ademais dos meteoritos, na mostra exhibiron e venderon xoiería artesanal, pedras preciosas como diamantes, fósiles... Todo a gusto dos coleccionistas e dos cazadores de coñecemento dos minerais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade