Cargando resultados...
Suspenden polo temporal o transporte de pasaxeiros na ría de Vigo
Suspenden polo temporal o transporte de pasaxeiros na ría de Vigo
Só con Cangas elimináronse 20 frecuencias e 1.000 pasaxeiros esta mañá
G24.gal
08/03/2024 13:46
Última actualización 08/03/2024 14:04
O aviso laranxa obrigou a moitos morracenses a cambiar os peiraos de pasaxe da ría polas estacións de autobuses ou os vehículos particulares.
A previsión para hoxe é de ondas de ata sete metros de altura media significada e ventos de forza oito con mar combinada. Isto fixo que non operase na ría de Vigo o transporte marítimo.
O barco é o medio de transporte público favorito para os morracenses. Hoxe non o puideron empregar. As navieiras que operan na ría adoitan avisar a xornada anterior por grupos de difusión de WhatsApp ou nas redes sociais.
Anuláronse tamén as viaxes ás Cíes previstas para mañá.