Publicador de contidos
Publicador de contidos

Támara Echegoyen abandeira o desfile da delegación española nos Xogos

Támara Echegoyen abandeira o desfile da delegación española nos Xogos

Co desfile polo río Sena percorrendo o centro de París comezou de xeito oficial esta edición dos Xogos Olímpicos

G24.gal 26/07/2024 20:53

A regatista Támara Echegoyen foi, xunto ao padexeiro Marcus Cooper, a abandeirada do equipo español na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de París de 2024. A galega amosouse "moi afortunada por realizar este papel" aínda que recoñeceu que está moi concentrada na competición. Terá que viaxar de volta a Marsella para seguir preparando a proba do 49er FX. 

O ourensán, de 40 anos, compite nos seus cuartos xogos a carón de Paula Barceló. Ten no seu palmarés un ouro olímpico en Londres 2012 e quedou ás portas do podio tanto no Río como en Toquio, edicións nas que ocupou a cuarta praza. 

"O feito de ser abandeirada énchete de emocións, pero tamén teño que estar moi concentrada na competición", sinalou Echegoyen. Foi unha estrea moi diferente ao que estamos acostumados a ver nuns Xogos. Os deportistas fixeron o desfile en barco e diante dunhas 300.000 persoas que desafiaron a chuvia que presidiu toda a xornada na capital francesa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade