Cargando resultados...
Teatro para a primeira nenez: música, danza e cores engaiolan os nenos
Nenas, nenos e as súas familias, xunto cos actores, son tamén os protagonistas
G24.gal
09/02/2025 19:20
Representouse esta fin de semana no Gustavo Freire de Lugo Mímesis, un espectáculo para bebés no que a danza, a música e as cores conseguen abraiar os máis pequenos.
Trátase de teatro horizontal, no que o público, nenas, nenos e as súas familias, son tamén, xunto cos actores, os protagonistas.