Miguel Tellado insiste en que a lei de amnistía é "indecente e inmoral"
Miguel Tellado insiste en que a lei de amnistía é "indecente e inmoral"
Acusa a Pedro Sánchez de vender a democracia e a igualdade para conseguir o Goberno
O voceiro do PP no Congreso, Miguel Tellado, estivo este domingo na Coruña con Diego Calvo nun acto incluído na denominada Ruta da Igualdade.
Tellado asegurou que o ministro Félix Bolaños "terxiversou" o venres os datos do borrador da Comisión de Venecia e reiterou que a amnistía é anticonstitucional.
Dixo tamén que Sánchez está tomando a "todo un país como refén das súas débedas cos independentistas" e da transacción para conseguir o poder.
"Unha transacción indecente, inmoral, politicamente inadmisible. É transaccionar sete votos para unha investidura a cambio da amnistía durante dez anos aos delitos que puidese cometer e cometeu o independentismo catalán. Iso é o que está sucedendo".