Publicador de contidos
Publicador de contidos

Temperaturas anormalmente elevadas para despedir o mes de xaneiro

Temperaturas anormalmente elevadas para despedir o mes de xaneiro

Santiago rexistrou o sábado 21,3 graos, o valor máis alto nun mes de xaneiro

G24.gal 28/01/2024 14:28 Última actualización 28/01/2024 15:08

As temperaturas experimentaron un descenso moderado, pero continúan sendo anormalmente altas para a época. O día é perfecto se o plan dominical inclúe paseo, terrazas ou deporte. Na Coruña, por exemplo, a máxima prevista para este último domingo de xaneiro rozou os vinte graos.

"Normal non é, desde logo, pero é unha marabilla".

"Galicia o que ten é que chove moito, entón se ten tres días así de sol tamén o agradecemos moito, aínda que non sexa normal".

A cidade  herculina non chegou aos 22 graos que se alcanzaron onte, nin os 21,3 cos que Santiago superou a temperatura máis alta rexistrada nun mes de xaneiro, pero os termómetros evidencian unha realidade, a do cambio climático, que preocupa mesmo os que recoñecen gozar con este tempo atípico.

"O cambio climático non é algo que estea por chegar, xa está instalado, é unha realidade".

"O quecemento dos océanos é moi preocupante e sobre todo en Galicia, que a xente vive do mar, da pesca, hai que preocuparse".

"Non é igual o mal tempo ca estes días e estas temperaturas, pero á larga, non creo que sexa bo".

Nas provincias do interior, ademais, é salientable a grande oscilación térmica, con diferenzas de ata dezaseis graos entre as mínimas e as máximas. A semana comezará con algunhas precipitacións nas provincias atlánticas, pero o tempo seco volverá impoñerse. As temperaturas non nos privarán de continuar vendo imaxes coma estas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade