Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tensión entre agricultores e antidisturbios durante unha protesta en Zaragoza

Tensión entre agricultores e antidisturbios durante unha protesta en Zaragoza

As protestas dos agricultores e gandeiros chegaron este venres a distintos puntos de Euskadi, Aragón ou Cataluña

G24.gal 01/03/2024 14:44

Nova xornada de protestas dos agricultores en varios puntos de España. En Zaragoza un grupo de manifestantes intentou acceder á sede das Cortes de Aragón, custodiada polos antidisturbios. Houbo varias cargas policiais que provocaron momentos de tensión.

No País Vasco, tres tractoradas confluiron nas Xuntas Xerais de Guipúscoa para facer oír as reivindicacións do sector primario.

E os agricultores cataláns manteñen os cortes en varias estradas malia anunciar que levantaban o bloqueo da AP-7 logo de que a Generalitat aceptase varias das súas esixencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade