Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tensión na sala na segunda xornada da repetición do xuízo a Ana Sandamil

Tensión na sala na segunda xornada da repetición do xuízo a Ana Sandamil

A exparella de Sandomil asegurou que Desirée Leal lle tiña medo ao seu pai

Os sanitarios que atenderon a Sandomil vírona "tranquila" e "orientada"

Félix Aragunde 28/02/2023 14:18

Na segunda xornada da repetición do xuízo a Ana Sandamil polo asasinato da súa propia filla, a pequena Desirée Leal, continuaron a declarar familiares e achegados da acusada.

Entre elas, a súa última parella, que falou de como se deteriorou o estado mental da acusada nos meses previos á morte da nena. Pero, ademais, testificou por vez primeira que a muller lle tiña medo ao pai da nena. Isto deu lugar a momentos de tensión na sala, xa que o aludido lle chamou mentireiro.

José Manuel Leal, pai da pequena Desirée: "En ningún momento tiven denuncia ningunha. Se así fose, teríaa porque o que máis quería ese monstro era que eu non estivese coa miña nena, e con iso conseguiríao perfectamente".

Neste sentido, sobre o feito de que a primeira vista oral fora anulada, as acusacións aprecian agora que favorece unha nova estratexia da defensa.

Francisco José Lago, avogado da acusación popular: "Eu entendo que está a repetir o guión do primeiro xuízo e vén máis preparada ca a vez anterior".

Manuel Ferreiro, avogado da acusación particular: "Veñen coa lección aprendida. E nós, en canto acusacións, perdemos o factor sorpresa. Entón eles adaptan a súa versión dos feitos ao que saben que lles imos preguntar, pero en liñas xerais a versión segue sendo a mesma". 

Os sanitarios que acudiron á vivenda de Muimenta para responder a unha chamada polo suposto tento de suicidio de Ana Sandamil tras o falecemento da súa filla, prestaron tamén declaración na segunda xornada da vista oral e afirmaron que viron á acusada “tranquila” e “orientada”.

Nesta segunda xornada tamén prestou declaración o home que era noivo de Ana Sandamil no momento dos feitos e, de acordo coa liña da defensa, falou de como se deteriorou o estado mental da acusada nos meses previos á morte da nena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade