Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tensión política no Brasil: a batalla entre Lula e Bolsonaro segue aberta tras o último cara a cara

Tensión política no Brasil: a batalla entre Lula e Bolsonaro segue aberta tras o último cara a cara

O presidente brasileiro afirma que recoñecerá os resultados das eleccións mesmo se perde

As sondaxes colocan a Bolsonaro a catro puntos de Lula

G24.gal 29/10/2022 09:43

O último debate entre os candidatos a presidente do Brasil antes da apertura dos colexios electorais este domingo, non serviu para sentenciar a batalla. O cara a cara final entre Lula e Bolsonaro na televisión o venres pola noite defraudou os que agardaban que inclinase a balanza nunha carreira, que, conforme as enquisas, está moi igualada.

Os brasileiros elixen este domingo presidente entre Luiz Inácio Lula da Silva e Jair Bolsonaro. Os candidatos a ocupar a presidencia intercambiaron na televisión acusacións e discutiron sobre o salario mínimo, a corrupción e o aborto.

O ultradereitista  e actual mandatario, Jair Bolsonaro, que quedou a cinco puntos na primeira volta dos comicios do día 2, arrancou á ofensiva. Pero os analistas interpretan que Lula se amosou máis sólido no seu argumentario nun cara a cara que se prolongou dúas horas e 40 minutos.

Os dous aproveitaron o minuto final para pedir o voto, ocasión que Bolsonaro chamou a votar para garantir os valores máis conservadores, mentres Lula fíxoo por restablecer "a harmonía" no país.

Bolsonaro recoñecerá os resultados

Despois do debate, tenso por momentos, Bolsonaro nunha declaración afirmou que recoñecerá o resultado das urnas. Tras unha pregunta dos xornalistas sobre este asunto de se recoñecería o veredicto das eleccións respondeu "sustento", e nunha nova pregunta asegurou que "o que máis votos teña lévao".

Nas últimas semanas o presidente deixaba dúbidas de se aceptaría como lexítimos uns resultados que non lle foran favorables tras poñer en dúbida as garantías do sistema electoral e acusar o Tribunal Superior Electoral de retirar parte da súa propaganda electoral.

As últimas sondaxes para a segunda volta dos comicios, que se celebran este domingo, apuntan a unha vitoria de Lula da Silva, que obtería o 53 % dos votos válidos, fronte ao 47 % do actual mandatario.

No caso dun triunfo de Lula, terá un mandato complicado cun dos congresos máis conservadores da historia democrática do Brasil. As forzas bolsonaristas dominan a cámara, coa maior presenza do Partido Liberal, o de Bolsonaro.

O formato do debate permitiu que se interpelaran directamente e mesmo interactuaran sobre o estudio de televisión. Nun momento en que Bolsonaro se aproximou a Lula, este díxolle: "Non quero estar preto de vostede". No anterior debate, Lula deu un salto cando o seu adversario lle puxo a man no ombreiro.

A palabra da noite foi de novo mentireiro. Sobre todo utilizada por Bolsonaro que a lanzou de xeito insistente sobre o seu rival.

Tras máis dunha hora de debate Lula sacou a covid e reprochoulle ao actual presidente a súa nefasta xestión da pandemia e a falta de empatía cos cidadáns.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade