Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tere Abelleira, dispoñible para participar na final da Liga das Nacións

Tere Abelleira, dispoñible para participar na final da Liga das Nacións

A xogadora galega, ausente na semifinal ante os Países Baixos, mellorou do seu problema muscular

A selección española feminina pode conseguir contra Francia o segundo título oficial da súa historia

G24.gal 27/02/2024 20:46

Seis meses despois de levantar a Copa do Mundo, Jenni Hermoso volveu a unha sala de prensa. Convertida xa nunha icona mundial, a futbolista só mira cara a diante. O futuro inmediato pasa por facer a España gañadora da primeira edición da Nations League.

Antes, a selección deberá derrotar a Francia na Cartuxa, algo que de momento non conseguiu nunca. O reto na súa segunda final internacional é maiúsculo. España parte como favorita, se ben as estatísticas están do lado francés. Dez vitorias en trece enfrontamentos e ningunha derrota.

Alexia Putellas e Tere Abelleira, grandes ausentes na semifinal en que se certificou a clasificación para os xogos, volveron traballar co grupo esta semana en Las Rozas. A selección aspira a bater a marca dos case vinte e dous mil afeccionados que presenciaron na Cartuxa a semifinal ante os Países Baixos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos