Cargando resultados...
Tere Abelleira entra na convocatoria final para o Mundial
Tere Abelleira entra na convocatoria final para o Mundial
A centrocampista será unha das 23 que xogarán o Mundial de Australia e Nova Zelandia
É a única galega da convocatoria
G24.gal
30/06/2023 12:14
Tere Abelleira será a única galega que xogará o Mundial feminino de fútbol de Australia e Nova Zelandia. O Mundial comezará o día 20 de xullo e España presentase como unha selección que debe facer un bo papel no torneo.
O seu primeiro encontro será o día 21 fronte a Costa Rica. Na fase de grupos tamén se verán as caras con Zambia e Xapón.
Dos descartes que tivo que realizar Jorge Vilda resalta a baixa de Marta Cardona, pois a xogadora do Atlético de Madrid foi unha fixa na pasada Eurocopa.