Tere Abelleira: "Xogar en Pasarón será incrible e inesquecible"
Tere Abelleira: "Xogar en Pasarón será incrible e inesquecible"
Longas ringleiras na sede da Federación Galega para mercar algunha das 1.200 entradas postas á venda esta tarde
Tere Abelleira explicou o que supón para ela xogar na súa terra e ter a posibilidade de clasificarse para a seguinte fase da UEFA Women's Nations League.
"Estou moi contenta e feliz, con moitas ganas do partido de mañá. Estamos motivadas porque podemos conseguir un grande obxectivo".
Recoñece que cando empezou a xogar ao fútbol non imaxinaba que regresaría á casa como campioa do mundo.
"Os soños, que ás veces parecen moi afastados, con moita constancia e traballo acábanse cumprindo".
"Nunca xoguei (en Pasarón), non hai equipo feminino. Ter a oportunidade de facelo coa selección campioa.. será incrible e inesquecible".
Finalmente destacou a especial ilusión que lle fará ver a todos os seus animando desde a bancada.
"Será bonito mirar mañá á bancada e ver tanta xente coñecida".
España xogará ante Italia en Pasarón ás 21:30 horas
Houbo longas ringleiras na sede da Federación Galega para mercar algunha das 1.200 entradas postas á venda esta tarde para ver mañá o España-Italia.