Publicador de contidos
Publicador de contidos

Teresa Abelleira estará nos Xogos Olímpicos de París

Teresa Abelleira estará nos Xogos Olímpicos de París

A pontevedresa está entre as 18 seleccionadas para a cita coa historia en París

G24.gal 03/07/2024 17:13

Coa mítica voz de Paloma del Río foi anunciada a convocatoria da selección feminina de fútbol para os Xogos Olímpicos. A volta de Patri Guijarro semellaba poder complicar a presenza da xogadora do Real Madrid nesa lista que só é de 18 xogadoras, a diferenza das listas para outras competicións, que rozan as 23.

Malia iso, a pontevedresa disputará os seus primeiros Xogos Olímpicos e os primeiros Xogos Olímpicos da historia da Selección Española, polo que Teresa estará presente nunha cita que será histórica para o deporte español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar