Publicador de contidos
Publicador de contidos

Terra na calzada e tráfico desviado na A-6 unha semana despois da derruba en Becerreá

Terra na calzada e tráfico desviado na A-6 unha semana despois da derruba en Becerreá

Os prazos para os arranxos descoñécense e témense novos derrubamentos

As pedras manteñen cortada a calzada da A-6 sentido A Coruña desde hai xa seis días
G24.gal 25/10/2023 14:45

Pasou case unha semana e a imaxe é a mesma. Os condutores que circulan pola A-6 en Becerreá teñen que cambiar de calzada porque a terra que caeu nun desprendemento segue sen recollerse.

Un atranco que se suma, din, aos que xa sofren polas obras que se executan para reconstruír a ponte do Castro, en Pedrafita, e a de Trabadelo. En total, case 40 quilómetros con problemas e ademais cun firme en mal estado.

En Becerreá temen novos desprendementos e descoñecen os prazos das obras. O Ministerio de Transportes asegura que xa está a tramitar pola vía de urxencia os traballos de limpeza e de reforzamento da seguridade na zona para evitar novos desprendementos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade