Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tirán gaña nunha axustada chegada en Narón a Chapela e hai triplo empate na LGT

Tirán gaña nunha axustada chegada en Narón a Chapela e hai triplo empate na LGT

Tirán, Chapela e Ares encabezan unha Liga moi igualada con 21 puntos logo de dúas bandeiras

G24.gal 17/06/2023 20:43

A Liga Galega de Traiñeiras viviu a segunda proba do calendario, a Bandeira de Narón que tivo un final espectacular. Tirán fíxose coa vitoria nun final moi axustado con Chapela. A embarcación de Moaña levou a vitoria por menos de sete décimas de diferenza. Castropol logrou o terceiro posto.

Na clasificación da Liga Galega hai un triplo empate na cabeza, con Tirán, Ares e Chapela. As tres suman 21 puntos logo destas dúas probas. Bueu, outra das traiñeiras favoritas, está de cuarta con 18.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos