Tito Díaz: "Estou moi orgulloso do comportamento dos xogadores"
Tito Díaz: "Estou moi orgulloso do comportamento dos xogadores"
O director deportivo do Breogán negou que exista unha oferta do Burgos por Paco Olmos
Nin un día tranquilo no Rio Breogán: nin para viaxar a Manresa, nin para xogar en Manresa, nin de volta de Manresa.
No plano deportivo non puideron gañar no Nou Congost, logo de saber que tiñan un segundo positivo covid máis entre os convocados na viaxe, Kevin Larsen. Ao final, derrota con honra: 86 a 75. Os de Lugo non lle viraron a cara ao partido, malia todas as dificultades.
Tito Díaz, director deportivo do Breogán: "Estou moi orgulloso do comportamento dos xogadores. Saíron dalo todo".
De volta a Lugo, os xogadores quedan illados. E por se fose pouco, onte apareceu un rumor segundo o cal o adestrador Paco Olmos estaba conversando co Burgos, que acaba de despedir o seu adestrador. Tito Díaz negou o rumor.