Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tito Díaz: "Os xogadores van dalo todo por esta afección"

Tito Díaz: "Os xogadores van dalo todo por esta afección"

O director xeral do Breogán tamén avaliou a polémica viaxe deste venres a Andorra

G24.gal 24/09/2023 20:52

Deu a cara o Breogán contra o Baskonia, pero finalmente claudicou ante a calidade individual vitoriana. Tras o encontro, pasou polo Galicia en goles Tito Díaz, que analizou a derrota, o arrinque de temporada e os dous partidos en tres días, con viaxe incluída.

"O espírito do equipo e do Pazo remontou o marcador, recuperamos cando pareciamos mortos. Pelexamos e temos moito corazón. É certo que faltan xogadores, os nosos catros... Falta complemento, falta tempo. Hoxe pechamos os 4.400 socios e segue aberta a campaña. A cuestión xa non é que veña a xente, é como ven. Os equipos todos din que é unha delicia xogar en Lugo. Os xogadores son conscientes e van dalo todo por esta afección. Xogamos o venres en Andorra e sen descanso o domingo ante Manresa. Protestamos ante ACB pero dixeron que tamén Manresa xogaba venres contra o Real Madrid. Son cousas do calendario e unhas veces prexudican e outras favorecen".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade