Publicador de contidos
Publicador de contidos

Todo preparado en Viveiro para o Resurrection Fest

Todo preparado en Viveiro para o Resurrection Fest

Catro escenarios e cen bandas de rock, hadcore e punk, nun cartel en que destacan grupos como Slipknot, Pantera, Parkway Drive ou Ghost

G24.gal 27/06/2023 14:34

Conta atrás para o inicio da décimo oitava edición do Resurrection Fest. Viveiro prepárase para recibir 130.000 persoas, que tomarán parte nos catro días do festival. Catro escenarios e cen bandas de rock, hadcore e punk, nun cartel en que destacan grupos como Slipknot, Pantera, Parkway Drive ou Ghost.

Os máis madrugadores xa van chegando. Música nunha contorna privilexiada. "Vimos pronto para ir á praia e facer un pouco de turismo". "É todo moi agradable, con moita paz visual, cunha natureza tan fermosa".

Moitos repiten.  "Vimos outro ano máis, xa van sete ou oito".

Dezaoito edicións do Resu. Un evento consolidado, xa un referente e cun cartel de primeira. 

"É un dos máis grandes a nivel mundial. É o mellor de España e compite cos mellores do mundo", din os seguidores.

Este ano hai moitas novidades.

Esteban Girón, responsable de prensa do Resurrection Fest: "Por primeira vez, durante os catro días de festival van estar os catro esceario funcionando. Outra novidade é o Resurrection Boulevard, que reproduce salas de concertos míticas".

Esta edición hai moitas primeiras veces. Vinte parellas darán o "si, quero" na Reesuland Chapel, porque tendo tan preto Viveiro para que ir casar ás Vegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade