Todo preparado para o San Xoán
Todo preparado para o San Xoán
Despregárase un cento de efectivos de protección civil para garantir que non haxa problemas
Os que andaban esta mañá polo paseo marítimo da Coruña xa podían botarlle un ollo ao conxunto escultórico chantado na praia de Riazor.
A xente distingue ben a torre de Hércules que enmarca a escultura, pero sobre o resto hai dúbidas.
Cando este xoves caia a noite, a escultura converterase na cacharela máis concorrida das 500 para as que se solicitou permiso. E canda as fogueiras que ardan en Riazor e Orzán reuniranse unhas 130.000 persoas.
As praias xa están valadas para que a festa sexa o máis ordenada posible. Ese tamén é o obxectivo
Panxón, que tras dous anos sen troula, recupera o San Xoán coas súas tradicionais fogueiras no areal.
Despregárase un cento de efectivos para garantir que non haxa problemas, asegura Alex Caldeiro, o responsable de Protección Civil de Nigrán.
Polo demais o que se recomenda é sentidiño.