Publicador de contidos

Publicador de contidos

Todos os trens de Vigo a Santiago veñen completos esta tarde

Todos os trens de Vigo a Santiago veñen completos esta tarde

Non hai billetes para as seis conexións ferroviarias con Madrid 

Na estación de tren de Santiago a trasfega de pasaxeiros é continua este domingo

G24.gal 08/01/2023 14:55 Última actualización 08/01/2023 15:43

Sen posibilidade de prolongar máis as vacacións, universitarios e moitos traballadores volven á rutina e iso nótase da estación de tren de Santiago. Mañá toca por de novo a alarma no espertador.

Ás seis da mañá porque hai que entrar cedo, con moita enerxía e hai que tirar adiante.

Uf! Non sei, ás sete e media da mañá, din dúas pasaxeiras.

Renfe duplicou hoxe  as prazas de dous trens a Madrid, pero igualmente as seis conexións ferroviarias coa capital do estado van completas.

Eu compreino con dous meses de antelación. Esgótanse rápido, conta unha viaxeira.

Nos rexionais, os que chegan de Vigo son os que traen máis pasaxeiros. A  maioría son estudantes que regresan tras o Nadal. Xa non hai billetes para a tarde.

Mañá comezan os exames e hai que volver, di unha moza.


O único tren a Barcelona deste domingo saíu completo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade