Tolemia de goles no Sevilla-Levante (5-3)
Tolemia de goles no Sevilla-Levante (5-3)
Tolemia colectiva no Sánchez Pizjuán. Óliver Torres, logo do saque dun córner, marcou o primeiro no minuto oito. Posiblemente un dos mellores goles da temporda. Gol con recendo a reivindicación persoal.
Aitor Fernández non pode facer nada no primeiro pero, se cadra, no segundo sí que podería aportar algo máis. Rafa Mir é quen dispara no minuto 24 logo de canear a Rober Pier.
Suso puido facer o teerceiro nunha xogada na que Clerc papou ata catro engado, o tiro do andaluz, ao fero.
No 33 recurtou diferenzas o comandante Morales. Disparo duro, á escadra, con dúbidas, pero o Levante xa estaba no partido.
E cinco minutos despois, Diego Carlos levaba o terceiro dos sevillistas ao marcador. Nunha cacholada con suspense...
Marabillosa tesoira de Munir como aperito ao cuarto. Marca Munir, era o minuto 50.
E cinco minutos despois, Morales volveu enganchar aos levantinos ao encontro. Catro a dous. O erro de Dimitrovic na súa desafortunada saída forma parte dun partido de tolos.
O catro a tres marcouno Melero. Logo da pelexa e da remonta da liña de fondo de De Frutos.
O quinto local leva a sinatura de Fernando. Oito goles, homenaxe ao fútbol na que o peor parado foi o equipo de Pereira, que segue sen gañar.