Tomás de Dios, novo adestrador do Noia Portus Apostoli FS
Tomás de Dios, novo adestrador do Noia Portus Apostoli FS
En Galicia adestrou catros equipos: Autos Lobelle Santiago, Celta de Vigo, Leis Pontevedra FS e Pescados Rubén Burela
O Noia Portus Apostoli FS xa ten patrón para a próxima temporada. Tomás de Dios convértese no novo adestrador do primeiro equipo noiés, asinando por unha tempada con opción de ampliar unha máis.
O técnico salmantino chega ao Agustín Mourís cunha dilatada traxectoria ás súas costas traducida en 30 anos nos bancos por numerosos destinos. Entre eles, o período entre 2008 e 2012 no Autos Lobelle Santiago FS, co que logrou a Supercopa de España en 2010.
Tamén dirixiu en Galicia a Celta de Vigo, Leis Pontevedra FS e Pescados Rubén Burela FS. As dúas últimas campañas, estivo aos mandos da Unión África Ceutí en Segunda División. Os equipos de Tomás de Dios caracterízanse por demostrar moita personalidade na pista, con aspectos innegociables como a intensidade no xogo a través dunha defensa presionante, e un estilo vistoso no apartado atacante.