Publicador de contidos
Publicador de contidos

Toño Troitiño: "Iván Corral asumiu a derrota, temos unha superioridade esmagadora"

Toño Troitiño: "Iván Corral asumiu a derrota, temos unha superioridade esmagadora"

Troitiño avanza que fará os cambios na FGA pouco a pouco, xa que ata finais de xaneiro non tomará posesión

G24.gal 01/12/2022 16:52 Última actualización 01/12/2022 17:00

Hoxe falamos con Toño Troitiño que, agás un cambio de ultima hora, será o próximo presidente da Federación Galega de Automobilismo.

"Iván Corral asumiu a derrota, temos unha superioridade esmagadora"

Iván Corral perdeu as eleccións á asemblea por unha diferenza importante e o lalinense Toño Troitiño, á fronte de Xeración Renova, comeza a preparar os cambios que vai introducir no automobilismo galego. Teno que facer pouco a pouco. Ata finais de xaneiro non será oficialmente o presidente.

"Entraremos coa campaña iniciada e iremos aplicando o programa pouco a pouco"

A igualdade foi a tónica dunhas eleccións marcadas por unha dura campaña e en que o voto da Coruña e Pontevedra foi determinante. Nestas dúas provincias o número de federados que acudiron votar foi notable, o que decantou a balanza en favor da candidatura conxunta de Troitiño e García, xa que tanto en Ourense como en Lugo o número de votantes foi sensiblemente inferior. No cómputo dos aproximadamente 70 votos emitidos por correo, nun reconto que se alongou varias horas para certificar que todo se fixo acorde ao regulamento, a situación en varios dos estamentos cambiou de sentido, debido a que na participación presencial estaba moi de fronte para o actual presidente, Iván Corral, que leva máis de 30 anos no cargo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade