Cargando resultados...
Traballadores de Vitrasa aproban o convenio e poñen fin a catro anos de conflito
Traballadores de Vitrasa aproban o convenio e poñen fin a catro anos de conflito
Vitrasa comprométese a unha suba total do 18 por cento nos salarios
G24.gal
05/12/2024 20:53
Os traballadores de Vitrasa aproban o novo convenio e poñen fin a catro anos de conflito laboral.Nunha asemblea celebrada na tarde deste xoves, a masa social ratificou o preacordo acadado entre sindicatos e empresa.
Apróbanse as condicións para o novo convenio, con vixencia dende o ano 2021, cando rematou o anterior, ata o 2027. Vitrasa comprométese a unha suba total do 18 por cento nos salarios. Os traballadores poñen fin de xeito definitivo a unha folga que retomaran o mes pasado logo de anos de conflitividade.