Publicador de contidos
Publicador de contidos

Transportes flexibiliza horarios e descansos dos camioneiros afectados polas protestas do campo

Transportes flexibiliza horarios e descansos dos camioneiros afectados polas protestas do campo

A xornada pode subir de nove a dez horas diarias, ou de 56 a 60 semanais, mentres que o descanso diario se reduce de once a nove horas

A resolución beneficia camioneiros que sufriron cortes polas tractoradas do 5 ao 14 e do 19 ao 26 de febreiro
G24.gal 21/02/2024 14:42

Durante estes días, en moitos puntos de España, vemos camións parados polas tractoradas durante horas, mesmo días enteiros, que non poden chegar a tempo ao seu destino. Por iso o Ministerio de Transportes publicou unha resolución que flexibiliza horarios e descansos dos camioneiros, de xeito que poidan xustificar nunha posible inspección de tacógrafo os desfases horarios que están a sufrir.

A xornada pode subir de nove a dez horas diarias, ou de 56 a 60 semanais, mentres que o descanso diario se reduce de once a nove horas. Algúns estiveron atrapados moitas horas, mesmo días enteiros. Estes cambios só serán de aplicación do 5 ao 14 de febreiro e do 19 e ao 26 deste mesmo mes.

A medida tamén evitará sancións aos transportistas que tiveron que atrasar o inicio do descanso semanal por culpa dos cortes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade