Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tras as subas das últimas semanas, o prezo do marisco mantense na véspera da Noiteboa

Tras as subas das últimas semanas, o prezo do marisco mantense na véspera da Noiteboa

Mercados cheos para levar á mesa marisco máis caro, pero fresco

O percebe do Roncudo superou os 200 euros o quilo

G24.gal 23/12/2023 15:11 Última actualización 23/12/2023 16:58

As peixeiras recoñecen que se vendeu moito marisco para conxelar xa desde outubro, pero na véspera da Noiteboa a imaxe do mercado coruñés da Coruña demostra que moita xente segue optando polo produto fresco, a pesar de ir máis caro.

"Nós preferimos facelo no mesmo día, si que se nota a diferenza. É moito mellor produto e o prezo loxicamente é moito máis caro fresco que conxelado".

"É carísimo, pero é un capricho".

Caprichos a prezos que comezaron a subir hai varias semanas, pero que estes últimos días non se dispararon.

"Hoxe están máis estancados, entón tampouco son tan desorbitados os prezos".

Nun dos postos atopamos o lagostinoo e o camarón a cento cincuenta euros o quilo, a nécora a cento dez e o lumbrigante a oitenta. Os percebes do Roncudo alcanzaron os douscentos dez euros o quilo, pero hóuboos  -con menos sona, pero moi saboroso-, pola metade de cartos. Sucedeu o mesmo con outros mariscos. Os prezos oscilaron dependendo en moitos casos do tamaño, pero mantendo a calidade.

Os vendedores comentaron que o prezo do marisco comezou a subir hai varias semanas, pero que non se disparou estes últimos días. Nótase a satisfacción pola marcha dunha campaña do Nadal que cualifican como moi boa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos