Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega ao palacio de Buckingham o féretro de Isabel II tras recibir o tributo dos escoceses

Chega ao palacio de Buckingham o féretro de Isabel II tras recibir o tributo dos escoceses

O cadaleito instalarase no palacio de Buckingham esta noite e mañá trasládase a Westminster

Milleiros de soldados uniformados ensaian dende a pasada madrugada a procesión para o funeral de Estado

Unhas 26.000 persoas despiden a Isabel II en Escocia antes do seu traslado a Londres

Sinal en directo do traslado do cadaleito cos restos de Isabel II
G24.gal 13/09/2022 16:38 Última actualización 13/09/2022 23:45

Ás oito en punto da tarde chegou a Londres o avión das Forzas Aéreas británicas que trasladaba o féretro cos restos de Isabel II desde o aeroporto de Edimburgo á base militar de Northolt.

Unha vez na capital británica, o cadaleito instalouse no palacio de Buckingham. Alí quedará esta noite antes de ser levado mañá mércores ao palacio de Westminster.

Alí permanecerá ata o funeral de Estado previsto para o vindeiro luns día 19.

A princesa Ana acompañou os restos da súa nai a bordo dun avión militar A princesa Ana acompañou os restos da súa nai a bordo dun avión militar
Chegada do féretro á base militar de Northolt Chegada do féretro á base militar de Northolt
Chegada do corpo ao palacio de Buckingham

Londres prepárase para este velorio, en que se agardan máis de 750.000 persoas. Algunhas xa fan ringleira para acceder á capela ardente, que abrirá este mércores ás cinco da tarde e pechará o próximo luns, día do funeral.

Dende a madrugada do martes, milleiros de soldados uniformados participan no ensaio completo da procesión do cortexo fúnebre ata Westminster Hall.

Durante o ensaio deste martes, unha carruaxe con cabalos da Artillería Real das Tropas do Rei encabezou o roteiro desde o palacio.

Para a práctica, depositouse un féretro negro na carruaxe tirada por sete cabalos negros e, a procesión marchou a través de enclaves céntricos como os Queen's Gardens, a avenida The Mall, Whitehall -onde se sitúan as oficinas gobernamentais-, Parliament Street, Parliament Square e New Palace Yard.

Moitas das rúas do centro da capital permaneceron acordoadas ao público para poder efectuar o despregamento dunha operación desta envergadura, mentres se ultiman todos os preparativos cara ao próximo luns.

A verdadeira procesión comezará, segundo os plans, ás 15.22 da tarde, hora galega, do mércores e durará 38 minutos.

Espérase que o rei Carlos III, membros da familia real e persoal das oficinas da raíña e o rei camiñen detrás do cortexo.

O día do funeral habilitaranse zonas para seguir en directo a procesión en diferentes zonas do roteiro e espéranse filas longuísimas de cidadáns.

A raíña chegará a Londres despois de recibir o adeus de milleiros de escoceses. A capela ardente instalada nas últimas 24 horas na catedral de Saint Giles acolleu máis de 26.000 persoas de todas as idades e todas as procedencias. Dende os territorios da Commonwealth ata os puntos máis afastados de Escocia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar