Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira misión tripulada privada á Estación Espacial Internacional

Primeira misión tripulada privada á Estación Espacial Internacional

O comandante é o astronauta Miguel López-Alegría, nado en España

Os tres tripulantes pagaron 50 millóns de euros pola viaxe de dez días 

G24.gal 08/04/2022 18:01

A primeira misión espacial tripulada por astronautas privados engalou con éxito este venres desde o Centro Espacial Kennedy da NASA na Florida para permanecer 10 días no espazo, 8 deles na Estación Espacial Internacional.

A misión saíu á hora prevista desde Cabo Cañaveral, as 5 da tarde hora galega, a bordo dunha cápsula Dragon colocada sobre un foguete Falcon 9, ambas da compañía privada SpaceX de Elon Musk.

cargo está o exastronauta da NASA, Miguel López-Alegría, nado en España e con nacionalidade estadounidense. Tras a xubilación da axencia espacial, é vicepresidente de Desenvolvemento de Negocio dunha das empresas pioneiras en facer máis accesible o espazo.

Ademáis de López-Alegría, viaxan outros tres civís: o estadounidense Larry Connor como piloto, o canadense Mark Pathy e o israelita Eytan Stibbe, como especialistas. Os tres son millonarios e pagaron arredor dos 50 millóns de euros por participar na misión. SpaceX di ben claro que non son turistas senón que recibiron unha  formación intensiva como astronautas e van realizar 25 experimentos de investigacióne e outras tarefas con fins educativos.

Na Estación Espacial Internacional agárdanos outros sete tripulantes.

A primeira misión da compañía privada aeroespacial Axiom é para levarlle compoñentes á Estación Espacial Internacional, pero, máis adiante, agardan fabricar unha propia con acceso a cidadáns, países e empresas privadas, e conseguir deste xeito un novo modelo de negocio no espazo.

Están previstos xa tres lanzamentos máis con astronautas privados nos vindeiros dous anos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade