Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres mortos no accidente dunha avioneta sobre unha autoestrada en Francia

Tres mortos no accidente dunha avioneta sobre unha autoestrada en Francia

Sucedeu na autoestrada A-4 en Seine et Marne, en Lognes, a uns 25 quilómetros de París

O accidente estaría relacionado coa colisión cunha liña de alta tensión en Seine et Marne

O aparello embestiu contra a medianeira, pero non chocou contra ningún dos vehículos que circulaba pola calzada

O avión de turismo cae sobre a autoestrada A4 en Seine et Marne en Francia cos tres ocupantes mortos O avión de turismo cae sobre a autoestrada A4 en Seine et Marne en Francia cos tres ocupantes mortos
G24.gal 30/06/2024 18:40

Tres persoas faleceron este domingo no accidente da súa avioneta, que se estrelou na autoestrada A4 en Seine-et-Marne, en Lognes a uns 25 quilómetros de París, sen tocar ningún vehículo, segundo fontes policiais e da xendarmería.

O accidente, sucedeu pouco antes das 16:00  horas deste domingo no municipio de Noisiel, segundo unha fonte policial, parece producirse tras o contacto entre a aeronave e unha liña de alta tensión, concluíu a xendarmería.

Nas proximidades hai un importante centro comercial.

Un amplo dispositivo de emerxencias desprazouse ata o lugar do accidente. A Xendarmería de Transporte aéreo iniciou unha investigación.

O avión de turismo tras impactar contra a medianeira da autoestrada A4 en Seine et Marne en Francia O avión de turismo tras impactar contra a medianeira da autoestrada A4 en Seine et Marne en Francia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade