Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres mozos xogan a vida cunha gravación en punta Herminia na Coruña, cando rompe unha onda

Tres mozos xogan a vida cunha gravación en punta Herminia na Coruña, cando rompe unha onda

Os servizos de emerxencia insisten na advertencia de non achegarse á costa cando hai avisos de temporal

Segue o aviso amarelo este sábado na Costa da Morte, Ártabra e na Mariña

 

G24.gal 26/11/2022 14:01

Unha nova imprudencia que se repite ano tras ano. Malia as advertencias das autoridades, que piden evitar achegarse á costa en días de moito mar, nas redes seguen aparecendo imaxes coma estas, nas que por conseguir a mellor imaxe do temporal poñemos en serio risco a nosa vida.

Un grupo de persoas achegouse esta semana ata a rompente de punta Herminia no medio un aviso laranxa por forte ondada. O vídeo, que xa se fixo viral en redes sociais, mostra tres mozos gravándose a si mesmos no momento en que rompe unha onda e os atrapa.

Pero tamén eles mesmos gravaron outras persoas fuxindo das ondas no mesmo punto.

 E temos unha tregua meteorolóxica esta fin de semana. Porén, o aviso amarelo no litoral continuará este sábado na Costa da Morte, na Ártabra e na Mariña por mar de fondo e fortes ondas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade