Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres núcleos de poboación están ameazados por un novo incendio en Asturias

Tres núcleos de poboación están ameazados por un novo incendio en Asturias

O Principado permanece pendente de dezaoito incendios, sete deles activos, en catorce concellos

G24.gal 08/04/2023 20:42 Última actualización 08/04/2023 21:04

Asturias eleva o nivel de emerxencia por mor dos incendios, tras declararse un novo lume que ameaza as casas en tres localidades.

Ese lume afecta ao concello de Las Regueras, preto de Oviedo, e pola tarde medraba a preocupación ao achegarse perigosamente a varios núcleos de vivendas.

Este sábado permanecían activos sete incendios, nos que traballaban bombeiros e helicópteros de extinción, e once máis están en fase de revisión.

Nunha xornada sen choivas e con temperaturas elevadas, o Goberno autonómico elevaba esta tarde a nivel dous a fase de emerxencia.

Para este domingo hai risco extremo de incendios en trinta concellos. Nos últimos quince días arderon xa unhas 20.000 hectáreas no Principado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade