Triunfo apurado dun Mecalia Guardés que encadea seis vitorias seguidas
O equipo galego mantense á fronte da Liga Guerreras Iberdrola despois de gañarlle ao Beti Onak por 22-21
Sufriu máis do agardado o Mecalia Guardés pero conseguiu impoñerse ao Replasa Beti Onak e sumou a sexta vitoria consecutiva (22-21). O partido foi moi trabado coas defensas impoñéndose aos ataques. Tivo moitas dificultades o Mecalia que no primeiro tempo só conseguiu marcar nove goles (9-11).
A reacción das do Baixo Miño ao comezo da segunda parte permitiulles coller a dianteira cun parcial de 4-0 e mediado o parcial colleitou unha máxima diferenza de tres goles (18-15). Neses rexistros moveuse o resultado ata o final cando o Beti Onak aproveitou a seca goleadora local para achegarse a un gol e deixar as dúbidas nos últimos corenta segundos.