Triunfo e liderado para a neerlandesa Demi Vollering
Triunfo e liderado para a neerlandesa Demi Vollering
Tres ciclistas do Farto galego tiveron que retirarse
A ciclista neerlandesa Demi Vollering alzouse coa vitoria na quinta etapa da Volta feminina, un traxecto de 129,5 quilómetros que a levou ao primeiro posto da clasificación xeral. O percorrido rumbo á primeira chegada no alto comezou tranquilo e sen sobresaltos ata que ao chegar ao quilómetro 100, seis corredoras animáronse a atacar.
As canadenses Sara Poidevin (EF Education-Tibco-SVB), Simone Boilard (St Michel-Mavic-Auber93) e Adèle Normand (Massi Tactic); a neerlandesa Quinty Ton (Liv Racing-TeqFind); e as españolas Isabel Martín (Eneicat-CM Team) e Susana Pérez (Cantabria Deporte-Río Miera) pediron protagonismo e chegaron a situarse a máis de 50 segundos.
Tres ciclistas do Farto galego tiveron que retirarse. O sábado o protagonismo será a media montaña, cun percorrido de 106.1 quilómetros.