Triunfo sólido de Jorge Prado en Suíza, con Rubén Fernández no quinto posto
Triunfo sólido de Jorge Prado en Suíza, con Rubén Fernández no quinto posto
O lugués liderou desde a primeira curva ata o final
Rubén Fernández saíu no noveno posto e finalizou no quinto lugar
O galego Jorge Prado (GasGas) impúxose na primeira manga do Gran Premio de Suíza da categoría reina do Mundial de Motocrós (MXGP), que se disputa este luns no circuíto de Frauenfeld.
O piloto lugués, que foi o máis rápido na rolda de clasificación do sábado, dá un paso para consolidar o seu liderado na xeral. Prado completou unha boa saída, como é habitual nel, partiu na cabeza e aos poucos foi adquirindo unha renda suficientemente importante como para poder administrala e reservar algo de físico para a segunda, que comezará ás 17:10 horas.
Cruzou a liña de meta finalmente con 6,298 segundos de vantaxe sobre o francés Maxime Renaux (Yamaha), mentres que completou o podio o tamén galo Romain Febvre (Kawasaki).
O neerlandés Calvin Vaanderen asinou a cuarta praza por diante do vigués Rubén Fernández (Honda), o mellor no 'warm-up' da mañá.
Prado, que gañou as tres primeiras mangas das tres probas iniciais do Mundial, viuse beneficiado ademais do baixón do neeerlandés Jeffrey Herlings (KTM), o seu perseguidor na xeral, que tan só puido acabar sexto. Por tanto, comanda a xeral con 135 puntos e incrementa a súa vantaxe respecto a Herlings, Renaux e Febvre.