Publicador de contidos
Publicador de contidos

Triunfo sufrido do Deportivo para rematar coa crise de resultados

Triunfo sufrido do Deportivo para rematar coa crise de resultados

G24.gal 20/02/2022 18:55

O Deportivo logrou rematar coa serie de tres derrotas consecutivas e gañoulle, con moito sufrimento, ao Calahorra por 2-1. 

Foi nun partido pouco brillante do cadro coruñés, sobre todo na primeira metade. Moi discretos os de Borja Jiménez que apenas inquedaron a portería visitante. Un disparo de Miku e un remate de cabeza do capitán Álex Bergantiños (que cumpría o seu partido 300 coa camisola deportivista) foi a pobre bagaxe. 

Na segunda metade cambiou a decoración. O Deportivo botouse arriba, comezou a xerar ocasións e no 61' o central Adrián Lapeña facía o 1-0. Na seguinte xogada Quiles anotaba o 2-0 e deixaba a vitoria moi encamiñada. 

O Calahorra marcou o seu gol no 86' e presionou ata o último minuto do engadido pero o Deportivo recuperou a senda vitoriosa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar