Publicador de contidos
Publicador de contidos

Triunfo sufrido e traballado do Obradoiro ante o Zaragoza (87-82)

Triunfo sufrido e traballado do Obradoiro ante o Zaragoza (87-82)

O parcial do primeiro cuarto (32-19) e do terceiro (27-19) desequilibraron o partido

Máximos anotadores con 17 puntos Scrubb, Ellenson e Birutis

G24.gal 20/11/2021 19:51

O Obradoiro colle alento con esta vitoria sobre o Zaragoza despois de tres derrotas consecutivas. A mellor versión dos de Moncho Fernández viuse no primeiro cuarto.

O partido comezaba con acerto desde a liña de tres, unha das eivas que viñan sufrindo nos últimos partidos. Con iso e co xogo interior de Birutis asinaban un primeiro cuarto impecable, cunha vantaxe de 13 puntos.

Todo cambiou no segundo cuarto, cun a 0 a 10 de parcial a favor do Zaragoza en apenas 4 minutos. Cun Obradoiro que só foi quen de anotar 9 puntos, os visitantes dábanlle a volta ao partido e poñíanse dous por diante.

Tralo descanso, os locais conseguiron recuperar as sensacións do comezo. Birutis seguiu sostendo o equipo co dominio do xogo interior. Os tiros de tres volvían entrar. Elleson, Hobbs e Scrubb anotaban desde a liña de 6.75. O Obradoiro chegaba ao ultimo cuarto 7 puntos por diante.

O Zaragoza reduciu a diferenza a só 4 puntos con 28 segundos para o final, pero unha falta antideportiva do turco Sipahi poñía o partido nas mans do Obradoiro. Ao final, 87- 82. Con 4 vitorias e 7 derrotas, os de Moncho Fernández igualan ao Zaragoza, un rival directo na clasificación.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos