Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trump acusa o FBI de roubarlle os pasaportes durante o rexistro da súa mansión da Florida

Trump acusa o FBI de roubarlle os pasaportes durante o rexistro da súa mansión da Florida

O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos asegura que xa lle devolveron toda a documentación que lle foi requisada nos rexistros 

O FBI incautouse de numerosos documentos de alto segredo que aparentemente non deberían de estar en mans de Trump e non estaban debidamente protexidos

G24.gal 16/08/2022 19:33 Última actualización 16/08/2022 22:39

O expresidente dos Estados Unidos ataca duramente o FBI, ao que acusa de roubarlle os pasaportes durante o rexistro da súa mansión da Florida. O Departamento de Xustiza norteamericano asegura que xa non os ten no seu poder. 

Así, o magnate neoiorquino Donald Trump volve estar na primeira páxina da crónica política. Os axentes do FBI que achandaron por sorpresa a súa residencia de Mar-a-Lago, na Florida, incautáronse de numerosos documentos de alto segredo que aparentemente non deberían de estar en mans de Trump e non estaban debidamente protexidos.

O líder republicano acusou os axentes federais de roubar os seus tres pasaportes e deixalo así sen a posibilidade de viaxar.

Con todo, o Departamento de Xustiza acaba de declarar que os pasaportes xa lle foron devoltos. 
A medida que coñecemos máis detalles do caso, a redada alimenta as enerxías e a recadación para unha posible nova campaña presidencial de Donald Trump en 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade