Trump anuncia redadas masivas de inmigrantes en hospitais, escolas e igrexas
Trump anuncia redadas masivas de inmigrantes en hospitais, escolas e igrexas
Tamén confirmou o maior proxecto de intelixencia artificial na historia dos Estados Unidos
Primeira comparecencia oficial do presidente dos Estados Unidos despois da toma de posesión. E chegou cos líderes de tres grandes empresas tecnolóxicas.
Artellarán a maior infraestrutura de intelixencia artificial na historia dos Estados Unidos, en palabras de Trump, que confirmou un investimento de cincocentos mil millóns de dólares.
Di que ese proxecto permitirá aos Estados Unidos competir coa China, á que ameaza con aranceis dun 10 % baseados no feito de que están enviando fentanilo a México e O Canadá, segundo Donald Trump.
Foron 30 minutos de declaracións. Trump abriu a porta a que Elon Musk compre a rede social TikTok, insistiu en que os membros da OTAN deben destinar o 5 % do PIB a Defensa e ameazou con máis sancións a Rusia se rexeita negociar un alto o fogo con Ucraína.
O primeiro día completo de Donald Trump na presidencia rematou tamén con novos anuncios en materia migratoria. Restablecen a expulsión inmediata de inmigrantes sen que medie unha audiencia. Contra o decreto xa recorreron 18 Estados demócratas ao consideralo inconstitucional.
E deu vía libre ás redadas de migración en lugares como escolas ou hospitais, ata agora protexidos para que os inmigrantes recibisen os servizos esenciais.